Mar 28th, 2005
NON SEI PRA QUE CARALLO VOLTO
[Sei que esta entrada doerá a algunhas persoas da familia "real" de C.:. que poidan chegar a ler esto nun futuro hipotético, pero tamén eu estou doída e este é o meu blog, puñetas].
Estou cabreada (os tacos sáenme mellor en galego e en francés, mirade por onde…) :dead:.
Non só pola inmensa cretinada que sabía que me ían facer certos elementos (plural maxestático -e o peor que o fixeron sen malicia ningunha, só con inconsciencia, o cal me cabrea aínda máis) senón sobre todo porque non me gustou nada o ambiente de Madrid desta vez que fun.
Estou afeita a que respirar certo maniqueísmo cada vez que vou a Madrid -especialmente por parte de certos membros da miña familia- pero o desta vez pareceume demasiado… Podería ser que eu estara especialmente sensible, pero o feito é que os membros menos radicais desa mesma familia me confirmaron que eles tamén percibían o mesmo.
E non só na familia: nas rúas, no autobús…
Lembrarse de Franco da maneira e coa frecuencia que se están lembrando del da certo medo, a verdade :dead:.
E ver que a xente acata cousas simplemente porque as di o papa: un señor que leva anos sen entendérselle o que di e que é evidente que non pode nin escribir a máquina, e inda por riba facer proselitismo desas absurdeces (se o gardaran pra a intimidade pareceríame ben) fai que non me resulte nada doado mante-la miña hipocresía habitual ante certas afirmacións :mad2:.
O que máis me cabreou é que os membros menos radicais da miña familia un día acabaron por chamarme nacionalista por certa anécdota que contei. E o peor é que mo dicían en serio.
¿Nacionalista eu…? ¿A min, que me chaman “espanholista” en Galicia…?
Non sei para que volto a España, non o sei. Total… Gasto os cartos (cáseque que foi coma unha droga, agora entendo o das compras compulsivas) e os nervos, e ó final quedo sen nada en limpo.
O gracioso é que os meus queridos primos “xa non tan pequenos” seguen querendo moitísimo a esa prima que tan atea, bastante roxa e algo lesbiana (servidora ;)) que teñen… O de lesbiana é o que máis parece doerlles :geeked:.
Eu tamén quero moito a eses primos filofalanxistas e cuasi-fundamentalistas católicos que teño…
E á curmá á que lle profeso máis alta estima (sen detrimento das demáis) non puiden vela…
E aínda hai máis… O raro de verdade é que non estea aínda máis cabreada do que estou.
De tódolos xeitos Madrid está moi limpo e bonito.
Verdade da boa.
Agora preciso unhas vacacións para me recuperar destas vacacións…
Aburiño.
P.S.: Menos mal que nos queda Portugal.



Hola, me llamo Cristina MJ, pero en este mundo paralelo me dicen
Hello, my name is Cristina MJ, but I'm also known as 
Menudas vacacións… iso pasa por non voltar a Galicia, a túa casa,e (cada vez estou máis segura disto) que non ter NADA que ver con “Hespanha”. E tamén por non ver á túa prima, claro.