May 1st, 2008
Aquí ven o maio…
“O maio”.
Imaxes dos maios celebrados en Poio e Combarro no ano 2006.
Vídeo publicado polo usuario marepodium en YouTube.
Letra: poema de Manuel Curros Enríquez (1880) Aires da miña terra.
Música e interpretación: Luis Emilio Batallán.
Álbum: Ahí ven o maio (1975)
Aquí ven o maio
de frores cuberto….
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o qué polo de hoxe
que darvos non teño.
eu són vos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus éidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos.
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.



Hola, me llamo Cristina MJ, pero en este mundo paralelo me dicen
Hello, my name is Cristina MJ, but I'm also known as 