May 18th, 2008
Malvelas e o Puto Coke
Carallo, se chego a saber que onte íase falar máis do Día de Internet (que risa, que llo digan ós galegos que contrataron Internet no 1996 no rural e aínda andan coa mesma velocidade de conexión de entón) que do Día das Letras Galegas, esmerábame máis.
O día de onte estivo especialmente dedicado dentro do marco do das Letras Galegas (iso do “marco” queda moi ben nos telexornais) a Xosé María Álvarez Blázquez quen, ademais de gardar un gran parecido físico co meu avó materno (deben de se-las gafas) e ser sobriño do tipiño que lle deu nome á miña escola de EXB (que tempos aqueles os da EXB…), foi literato e arqueólogo.
E nunha destas arroutadas de morriña que me atacan ultimamente (a buenas horas mangas verdes), atopeime con isto. Aínda non sei moi ben que pensar, pero fíxome sorrir e aledoume a semana, así que algo valerá. Se algún pensa que máis ben se trata doutro exemplo máis de mal gusto, eu digo que ogallá toda a putrefacción do intelecto (graciñas Diego pola expresión) fora así.
Hala, aí vos vai. Atención ó choque emocional do minuto 2:04.



Hola, me llamo Cristina MJ, pero en este mundo paralelo me dicen
Hello, my name is Cristina MJ, but I'm also known as 