¿Suicidios? ¿Asasinatos? Misterio en Pontevedra

EN: Warning: This post is over two years old, so it's possible that the views, opinions, links or instructions reflected on it do not correspond with the way I think now or the way things currently work. I have evolved (and so have the World and the Internet), so it might be advisable to just take this entry for a glimpse into the (my) past. :)

ES: Atención: Este artículo tiene más de dos años de antigüedad, de modo que los puntos de vista, opiniones e instrucciones que se vierten en él pueden no corresponder con cómo pienso ahora o cómo funcionan las cosas en la actualidad. He evolucionado (y también lo han hecho el mundo e Internet), así que probablemente lo más recomendable sería entender esta entrada como un simple reflejo del (de mi) pasado. :)

Desde hai xa bastante tempo aparecen con frecuencia corpos no fondo do río Lérez ó seu paso por Pontevedra capital sen que as autoridades competentes fagan nada respecto diso e suscitando entre a opinión pública pouco máis que a curiosidade dalgúns transeúntes.

Trátase de suicidios? Quizais de asasinatos? Nada pode asegurarse aínda. O que si é certo é que os supostos suicidas ou asasinos parecen ter especial predilección por arroxarse ou arroxar os corpos desde a Ponte de Santiago (outrora coñecida coma Ponte Nova).

Valos de obra e sináis de tráfico

Valos de obra e sináis de tráfico cubertos de algas e ferruxe baixo a Ponte de Santiago en Pontevedra

O colectivo que parece verse afectado en maior medida por estes sucesos é o dos valos de obra, pois se distinguen até tres cunha rápida ollada ó río desde a citada ponte.

Valo de obra

Valo de obra

Outro valo de obra

Outro valo de obra

Pero ningún obxecto parece estar libre de acabar no fondo da ría: entre outras cousas, puidemos apreciar recentemente a aparición dunha bicicleta que aparentemente desfrutaba dun bo estado antes de atopar repouso eterno (se alguén non o remedia) nos bancos do Lérez.

Bicicleta

¿Merecía isto a coitadiña?

Preguntámonos por que estes pobres obxectos inanimados seguen sen recibir un enterro digno. Ademais, os sufridos peixes da zona vense obrigados a convivir con este cúmulo de cadáveres sen poder extraer ningún proveito deles. Quen habería de facerse responsable?

Por outra banda, convén formular algunhas preguntas inquietantes: ¿entregáronse motu proprio os corpos mencionados ós brazos da corrosión? Se non é así, ¿por que estes crimes permanecen impunes? ¿Podemos durmir coa dúbida?

Seguiremos a investigar.